Sangiran é unha escavación arqueolóxica na illa de Xava, Indonesia. A área cobre 48 km² e localízase no centro da illa, a 15 quilómetros de Surakarta. Lugar Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1996.
En 1934 o antropólogo Gustav Heinrich Ralph von Koenigswald comezou a examinar a área, e durante as escavacións realizadas entre 1936 e 1941 apareceron fósiles dun dos primeiros antecesores coñecidos da humanidade, o Pithecanthropus erectus(Homo erectus) (Home de Xava). Ata o de agora apareceron outros 60 fósiles, entre eles algúns de Meganthropus.